InicioDescobrePatrimonio CulturalMuseo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba

Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba

Un dos lugares de visita obrigada na vila é o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (MUPAV).

Aberto ao público dende o ano 1992, nos seus inicios situábase na Casa da Cultura de Vilalba. No ano 2002 foi trasladado ao actual edificio situado na rúa Dr. Domingo Goas.

O museo mostra un percorrido ameno e didáctico pola Prehistoria e a Historia Antiga de Galicia, é dicir, dende o Paleolítico ata a Época Romana.

A selecta colección da súa exposición permanente presenta as distintas fases e culturas asentadas no Noroeste da Península Ibérica; dende os primeiros poboadores (fai uns 350.000 anos) ata a Época Romana. Os materiais expostos proveñen de depósitos de particulares e de descubrimentos realizados no transcurso de escavacións arqueolóxicas promovidas polo museo e outras entidades.

No museo móntanse tamén outras exposicións de carácter temporal e organízanse temas trimestrais, cursos, publicacións e diversas actividades que lle dan un gran dinamismo ao centro.

A visita é de balde e pode facerse de forma individual ou ben reservarse anticipadamente un programa concreto de acción didáctica deseñado especificamente para grupos de escolares.

Entre as múltiples iniciativas do Museo, destaca especialmente a creación e promoción do Roteiro Arqueolóxico, un interesante percorrido que pon en valor a riqueza arqueolóxica do municipio unindo os principais vestixios do Concello de Vilalba.

MUPAV

Rúa Dr. Domingo Goas, 2

27880 Vilalba (Lugo)

Teléfono: 982 511 383

Horario: de martes a sábado (excepto festivos) de 11:00 a 13:30 h. e de 17:00 a 19:30 h.

Máis información en: www.museovilalba.org

Oficina de Turismo de Vilalba
Plaza de Suso Gayoso nº1 27800 Vilalba (Lugo)
Teléfono: (+34) 982 52 39 11 turismo@vilalba.org