InicioDesfrutaDe compras

De compras

A vila conta cunha ampla oferta comercial que inclúe gran variedade de tendas e comercios locais que converten a Vilalba nunha magnífica opción para ir de compras.

A zona comercial xira fundamentalmente ao redor das principais vías da vila, destacando especialmente a Avda de Galicia, rúa da Pravia e a rúa Plácido Peña. Nestas céntricas rúas e nas suas inmediacións descubrirás unha gran variedade de comercios tradicionais e modernos que ofertan diversidade de produtos (alimentación, zapaterías, roupa, xoias, produtos típicos, etc.). Así mesmo, merece a pena pasearse polas demais rúas da vila e explorar outros recunchos nos que te toparás con tendas con moito encanto.

Outra alternativa para ter en conta para ir de compras son os mercados semanais, así como os domingos de feira nos que, ademais de comprar na propia feira, é habitual aproveitar para realizar as compras comodamente no comercio local posto que, na súa maioría, permanece aberto durante toda a mañá con motivo da feira.

Oficina de Turismo de Vilalba
Plaza de Suso Gayoso nº1 27800 Vilalba (Lugo)
Teléfono: (+34) 982 52 39 11 turismo@vilalba.org