De noite

O ambiente das noites vilalbesas é un dos encantos da vila que non podes perderte.

Un bo plan para a noite comeza tomando unhas tapas e viños nos animados bares e restaurantes da vila, que se atopan repartidos por toda a localidade e que se converten nun excelente punto de encontro para reunirse e socializar. As tapas vilalbesas son o mellor aperitivo para ir abrindo o apetito antes de cear.

Para cear poderás elixir desde pratos sinxelos a pratos máis elaborados, entre os que che recomendamos que degustes os sabores da gastronomía local.

Despois da cea, prepárate para vivir a auténtica noite vilalbesa e descubrir os seus variados locais nocturnos, hainos para todas as idades e gustos. Neles poderás desde conversar tranquilamente a bailar ata a madrugada. A maioría dos pubs concéntranse ao redor da rúa Guitiriz, Avda. Terra Cha e rúa Basanta Silva. E como en Vilalba as distancias son curtas, poderás moverte a pé polo centro da vila, sen necesidade de coller o coche.

Se visitas Vilalba durante o verán quedarás sorprendido coa variedade de festas e actividades ao aire libre que se organizan nesta época para dar un maior dinamismo ás noites e que convidan a sentar nas terrazas dos locais para relaxarse e aproveitar ao máximo as noites estivais.

Oficina de Turismo de Vilalba
Plaza de Suso Gayoso nº1 27800 Vilalba (Lugo)
Teléfono: (+34) 982 52 39 11 turismo@vilalba.org