InicioDesfrutaEventos Auditorio Municipal

Eventos Auditorio Municipal

O Auditorio Municipal Carmen Estevez de Vilalba, construído no ano 1997, é obra do arquitecto César Portela. Sitúase nun edificio multiusos que tamén alberga o Conservatorio Municipal.

Conta cun aforo de 500 butacas nunha sala polivalente (auditorio, teatro, cinema, sala de concertos…), cunha sala de exposicións e catro locais de ensaio para as asociacións culturais da localidade.

Durante todo o ano leva a cabo unha programación cultural que dá un gran dinamismo á vila.

A venda de entradas para os eventos do Auditorio realízase na Casa da Cultura de Vilalba, no auditorio o mesmo día da actuación e a través de internet en: entradas. ataquilla. com

Auditorio municipal Carmen Estévez

Enderezo: Rúa dás Pedreiras, s/n Vilalba

Tel.: 982 512 888

Oficina de Turismo de Vilalba
Plaza de Suso Gayoso nº1 27800 Vilalba (Lugo)
Teléfono: (+34) 982 52 39 11 turismo@vilalba.org