Feira do Capón

A Feira do Capón de Vilalba é o acontecemento que marca o inicio das festas do Nadal na comarca chairega. En vésperas de Noiteboa, cada ano, a vila amence repleta de compradores de capóns chegados de diversos puntos da xeografía española. Os exemplares xa se atopan dispoñibles dende as nove da mañá, véndense soltos ou por pares e a súa cotización pode superar os 200 € a parella.

No que se refire á tradición da feira, aparece nos documentos desde o ano 1835 (celebrándose sempre en datas próximas ao 24 de decembro) aínda que é a partir do 1965 cando se produce un destacado incremento no censo de animais que se poñen á venda.

A Feira do Capón celébrase nunha gran carpa instalada na céntrica Praza da Constitución de Vilalba. Na feira é posible conseguir os capóns e outros produtos típicos da comarca ( roscón de Vilalba, roscas, queixo de San Simón da Costa, etc.), así como degustar diferentes preparacións da carne.

Os criadores expoñen na feira os seus mellores exemplares coidadosamente colocados en cestas cunha presentación moi curiosa e rechamante. Para recoñecer o labor e o esmero dos criadores outórganse diferentes premios durante o evento: ao mellor criador, á mellor cesta e ao mellor par.

O programa da feira inclúe tamén unhas Xornadas Gastronómicas do Capón, nas que durante varios días pódese catar o capón coas distintas tapas e pratos preparados por moitos dos establecementos hostaleiros de Vilalba.

Más información en: web oficial del capón de Vilalba

Oficina de Turismo de Vilalba
Plaza de Suso Gayoso nº1 27800 Vilalba (Lugo)
Teléfono: (+34) 982 52 39 11 turismo@vilalba.org