InicioDesfrutaEventos GastronómicosFiesta del Queso San Simón da Costa

Fiesta del Queso San Simón da Costa

A primeira fin de semana de abril, sempre que o domingo non coincida a día 1, celébrase a Feira do Queixo de San Simón da Costa na carpa situada na Praza da Constitución de Vilalba.

Durante os dous días do evento, pódese adquirir e degustar o queixo, así como outros produtos gastronómicos típicos da comarca (roscón, mel, pan, empanadas...), produtos artesanais, etc.

A programación de actos da feira comeza o sábado e inclúe varias actividades para dinamizar o evento como distintos obradoiros de cociña orientados tanto a un público adulto como ao público infantil.

Uns días antes da feira, ten lugar tamén o Concurso de Tapas do Queixo San Simón da Costa, no que os establecementos hostaleiros ofrecen exquisitas propostas gastronómicas que combinan tradición e creatividade, convertendo ao Queixo de San Simón no gran protagonista.

Máis información en: web oficial del Queso de San Simón Da Costa

Oficina de Turismo de Vilalba
Plaza de Suso Gayoso nº1 27800 Vilalba (Lugo)
Teléfono: (+34) 982 52 39 11 turismo@vilalba.org