InicioDesfrutaFeiras e mercados

Feiras e mercados

Feira 

primeiro domingo de mes (sempre que este non coincida a día 1) celébrase en Vilalba a feira mensual na que se comercializa ganado, verduras, hortalizas e outros produtos de consumo como ovos, queixos, carne, froita, coellos, galiñas, etc.

Instálanse tamén postos ambulantes de roupa, calzado, complementos, así como as “ pulpeiras” que preparan o delicioso polbo “ á feira”, un dos pratos típicos da gastronomía tradicional galega. A feira convértese así, nunha animada reunión veciñal do municipio de Vilalba e dos municipios lindeiros.

Os postos da feira sitúanse en diferentes espazos da vila:

Campo da Feira, que conta con distintas instalacións como naves cubertas para comer o polbo e outras naves para albergar o gando (porcos, ovellas, cabras, etc.) e os diferentes produtos do campo que se comercializan na feira.

Praza Coronel Pena, na que se vende principalmente ovos, galiñas, coellos, derivados do porco, mel, etc.

Praza de San Xoan, onde se pode adquirir trigo, millo e patacas.

Praza de Santa María, na que se pode conseguir verduras e froitas principalmente.

Praza da Constitución, lugar no que se sitúan os postos de roupa e calzado.

O día da feira, a maioría de tendas e comercios locais permanecen abertos ao público durante toda a mañá, sendo unha ocasión magnífica para ir de compras tranquilamente.

Feirón

terceiro martes de cada mes, comprendido normalmente entre os días 17 e 23, ten lugar o denominado "Feirón", de características similares á citada feira dominical, aínda que cun marcado carácter comercial máis que festivo.

Mercados semanais

Os martes e venres son os días de mercado en Vilalba, que ten unhas dimensións máis reducidas que a feira. No mercado é posible adquirir produtos de alimentación de gran calidade así como roupa, accesorios, etc.

Oficina de Turismo de Vilalba
Plaza de Suso Gayoso nº1 27800 Vilalba (Lugo)
Teléfono: (+34) 982 52 39 11 turismo@vilalba.org