español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

Descubre Vilalba  Como chegar  

O concello de Vilalba dispón de eficientes e rápidas vías de comunicación

Vilalba dispón de eficientes e rápidas vías de comunicación


A N634 cara ao norte une o municipio con Mondoñedo, Foz, Asturias e Cantabria. A mesma estrada, en dirección sur, conecta Vilalba, na parroquia de Baamonde (Begonte), coa NVI e a A6, facilitando as comunicacións co resto de Galicia e da meseta.

Vilalba conecta con Ferrol a través da AG64; coa Coruña pola A6, a N634, ou a N-VI; con Foz, Burela e Ribadeo pola N634 (nun futuro, tamén pola A8); e con Viveiro e Ortigueira pola LU861.

Esta ampla rede de viais, verase reforzada proximamente coa finalización da Autovía Transcantábrica (A8), que unirá Galicia con Asturias. Esta vía de alta capacidade conecta Vilalba con Baamonde, onde se enlaza coa A6 dirección Lugo e Madrid. Nun futuro próximo (un ou dous anos ao sumo) abriranse tamén os tramos no sentido contrario, achegando Vilalba a Asturias, e ao Norte da Península.

Distancia coas cidades galegas

  • A Coruña: 72 Km (N64-A6 / A8-A6-AP9)
  • Ferrol: 61 Km (N634-A6-AP9 / LU861-AG64 / A8-A6-AP9)
  • Lugo: 34 Km (LU-861 / A8-A6 / LU103-LU541-A6)
  • Ourense: 124 Km (LU103-NVI-N540-N525 / A8-A6-NVI-N540-N525)
  • Pontevedra: 151 Km (N634-AP9 / A8-A6-N634-A54-AP9)
  • Santiago de Compostela: 103Km (N634 / A8-A6-N634-A5)
  • Vigo: 177 Km (N634-AP9 / A8-A6-N634-A54-AP9)

Aeroportos máis próximos

Alvedro LCG
A 8 km do centro da Coruña

A 77 km do centro de Vilalba
+ info: aena.es


Lavacolla SCQ
A 10 km do centro de Santiago de Compostela
A 93 km do centro de Vilalba
+info: aena.es

Estacións de tren máis próximas

Baamonde
Apeadero. A 16km de Vilalba (N634 / A8)

Begonte
Apeadero. A 26 km de Vilalba (N634-A6 / A8-A6)

RENFE Lugo
A 30km do centro de Vilalba (A8-A6)
Praza do Conde Fontao, s/n.
Tel. 982 222 141
+info: renfe.es

Autobuses

Estación de Autobuses de Vilalba
Campo da Ponte s/n
Tel.: 982 22 17 60 - 981 31 12 13 (ARRIVA)

A empresa Arriva ten conexión diaria con Vilalba dende as principais cidades do norte de Galicia (Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol e Lugo).
+info: arriva.es

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383