español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

Axenda  



Resultados por páxina 

III Ciclo de Música na praza

01.06.2019 - 17.08.2019

Terceira edición do Ciclo de “Música na Praza”, durante as fins de semana de xuño, xullo e agosto.
Comprende 25 actuacións musicais con concertos venres, sábados e domingos.

Segundo o día e a temática temos:

Venres ás 20.30 horas, concertos sobre clásicos populares.

Sábados, ás 22.00 horas con rock e música máis moderna.

Domingos, só haberá unha actuación ao mes e os concertos serán ás 13.00 horas na Praza da Constitución, onde actuarán as bandas de música con temas propios da sesión vermú.
En caso de condicións metereolóxicas adversas, as actuacións dos venres e sábados trasladaranse ao Centro Cultural Recreativo e as dos domingos ao Auditorio.

Entrada libre e gratuíta.

Verán activo 2019

06.07.2019 - 17.08.2019

Hoxe comeza o prazo de inscrición para as actividades deportivas que se levarán a cabo na Área Recreativa da Madalena, que rematará o vindeiro luns 8 de xullo.

Patinaxe, taichí-ioga e kayak-polo, prazas limitadas e por rigorosa orde de inscrición.

As actividades de lecer (karts a pedales, camas elásticas, hinchables, xogos de auga, xogos populares) son de balde e levaránse a cabo os sábados 6, 13, 20 e 27 de xullo e os sábados 3, 10, 17 de agosto de 17:00 a 20:00 horas na Área Recreativa da Madalena.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383