español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

Axenda  



Resultados por páxina 

Feira de Artesanía.

13.04.2018 - 27.04.2018

Con motivo da celebración da Feira de Artesanía, o 5 e 6 de maio, ábrese o prazo de inscrición para todos aqueles que queiran participar na colocación dun stand na feira.

Para participar na colocación dun stand na feira, poderán facelo cubrindo a ficha de inscrición disponible na nosa web www.vilalba.org

Data límite de inscrición ata o venres 27 de abril de 2018.

Festival das Letras Galegas

19.04.2018 - 08.05.2018

Fanse públicas as bases do Certame Literario das Letras Galegas 2018, con ámbito da Terra Chá, poderán participar os xoves escritores de Vilalba e da comarca da Terra Chá.O prazo de admisión de traballos rematará ás 14 horas do día 8 de maio de 2018.

Pode consultar as bases na nosa web. wwww.vilalba.org

Somos Criminais

04.05.2018 - 04.05.2018

Temos unha cultura criminal propia? Delinquimos como galegos? Para responder a estas preguntas, Carlos Blanco e Touriñán analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego. A conclusión é clara: Somos Criminais.

Título: Somos Criminais

Intérpretes: Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán

Autor do texto: Xosé Prieto

Lugar: Auditorio Municipal Carmen Estévez, Vilalba

Data: Venres, 4 de maio de 2018

Hora: 20.30 horas

Prezos: 13€ anticipada e 16€ o día da actuación.

Venta de entradas en Ataquilla.com e na Casa da Cultura no seu horario habitual.

Non recomendada menores de 14 anos

Cesión de Sala según Ordenanza Municipal nº 45.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383