español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

VERÁN ACTIVO 2017

30.06.2017 - 19.08.2017

Ponse en marcha o programa “Verán Activo” para este ano 2017, programa que ofrece actividades culturais e deportivas para toda a familia durante os meses de xullo e agosto.

Todas as actividades terán lugar na Área Recreativa da Maladena, e no caso de condicións climatolóxicas adversas pasarán ao auditorio e pavillón, respectivamente.

As actividades culturais levaranse acabo os sábados e sempre no mesmo horario ás 18:00h, son gratuítas e non requiren inscrición, comenzando o sábado 8 de xullo co contacontos “Lume" de teatro Babaluva.

As actividades deportivas propostas son: Tai Chi Qi Gong, defensa persoal e volei-praia, e con prazas limitadas son piragüismo (20 prazas) e patinaxe (27 prazas).

O prazo de inscrición nas actividades deportivas dirixidas é do 3 ao 13 de xullo, cun prezo único de 10€ por actividade e alumno/a, e con data de inicio do 17 de xullo ao 17 de agosto.

Torneo de volei-praia será o 18 de agosto, con inscrición ata o 16 de agosto e gratuíta.

Para máis infromación consulte a nosa web: www.vilalba.org

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383