español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Verán Activo

23.07.2018 - 18.08.2018

Ponse en marcha o programa “Verán Activo 2018” que mestura actividades culturais e deportivas para toda a familia durante os meses de xullo e agosto.

Todas as actividades terán lugar na Área Recreativa da Maladena. No caso de condicións climatolóxicas adversas as actividades culturais celebraranse no auditorio e as deportivas no pavillón do C.E.I.P. Mato Vizoso (patinaxe) e na sala de fitness do auditorio (pilates).

As actividades culturais levaranse acabo os sábados sempre no mesmo horario, ás 18:00h, son gratuítas e non requiren inscrición, comenzando o sábado 7 de xullo coa actuación de Bandullo Azul.

O período de inscrición nas actividades deportivas , comeza o 25 de xuño e remata o 6 de xullo ata cubrir as prazas por rigurosa orde de inscrición nas seguintes modalidades:

Patinaxe: martes e xoves as 17:00 de 4 a 6 anos, 18:00 de 7 a 9 anos e 19:o0 de 10 a 12 anos (10 prazas por hora).
Piragüismo: de luns a xoves as 17:00 de 8 a 12 anos e 18:00 de 13 a 16 anos (10 prazas por hora).
Pilates: luns e mércores para maiores de 16 anos a elexir entre as 18:00 e 19:00 (15 prazas por hora).

Ligazóns para descargar o formulario de inscrición nas actividades: na nosa web www.vilalba.org

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383