español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

III Sábados de Teatro

06.10.2018 - 27.10.2018

O Instituto de Estudios Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza os III SÁBADOS DE TEATRO. Durante os catro sábados do mes de outubro, poñeranse en escea outras tantas obras a cargo de catro grupos teatrais distintos.

O programa completo, consta das seguintes representacións e grupos, que terán lugar no auditorio Carmen Estévez:

–Sábado 6 de outubro, ás 20,30 horas, o grupo Tolemia Teatro porá en escea a obra “A Oficina”.

–Sábado 13 de outubro, ás 20,30 horas, o grupo Hipócrita Teatro porá en escea a obra “Hotel Desencanto”. (Está obra está subvencionada pola Área de Cultura da Deputación, dentro do programa Buxiganga 2018).

–Sábado 20 de outubro, ás 20,30 horas, o grupo Escola Municipal de Teatro de Vilalba porá en escea a obra “Retais”.

–Sábado 27 de outubro, ás 20,30 horas, o grupo Achádego Teatro porá en escea a obra “Balas sobre Broadway”.


A entrada a todas as funcións será libre e gratuíta.

1ª Función Sábado, 6 de Outubro de 2018, ás 20:30 h.

A Oficina, Tolemia Teatro

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383