español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Mostra ‘María Victoria Moreno: paisaxes e personaxes’

01.11.2018 - 14.11.2018

A Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Políticas Culturais, trae a mostra María Victoria Moreno: “paisaxes e personaxes” a Vilalba, a Casa da Cultura, onde fará parada ata o 14 de novembro.

O proxecto expositivo itinerante co que a Xunta de Galicia lle rende tributo á autora homenaxeada polas Letras Galegas 2018 proseguirá a partir de novembro o seu paso por outros tres concellos da Rede de Dinamización Lingüística (Ourense e Celanova), para dar a coñecer o universo literario da autora a través de ilustracións dos personaxes principais e dos escenarios de oito dos seus libros, creadas para a ocasión por outros tantos ilustradores e ilustradoras galegos.

Mostra María Victoria Moreno: “paisaxes e personaxes”

Lugar: Casa da Cultura

Horario: de luns a venres de 11h a 13h e de 17:30 a 21:00h. e sábados de 11h a 13h.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383