español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Mago Yunke “Conjuro”

09.12.2018 - 09.12.2018

O espectáculo "Conxuro", do Mago Yunke estará o próximo domingo 9 de decembro de 2018 no auditorio Carmen Estévez de Vilalba. Esta función dará comezo ás 20:00 horas. En Conxuro, o Mago Yunke, presenta as súas mellores ilusións, as súas últimas creacións máxicas e as que o levaron a ser un dos máis recoñecidos magos do mundo.

Un espectáculo teatral que ofrece desde números con moita forza e espectacularidade, ata tenros xogos que farán as delicias de todo tipo de público. Grandes Ilusións de espectacular impacto que se entrelazan coa música e unha impecable posta en escea, enriquecendo a interacción co público.

Conxuro preséntanos un tipo de ilusionismo inédito en España.

O Mago Yunke é un dos grandes ilusionistas da nosa época e goza de gran prestixio entre os profesionais do mundo do espectáculo grazas á calidade e fiabilidade das súas intervencións, e á capacidade para entender e potenciar os proxectos nos que participa.

Domingo 9 de decembro

Hora: 20:00h

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Entradas:12€ anticipada e 15€ en taquilla.

Duración: aproximada de 75 minutos.

Público Familiar.

Evento con butacas numeradas.

Venda anticipada online en Ataquilla.com e na casa da Cultura ( a partir do 26 de outubro) de luns a venres de 11 h. a 13 h. e de 17:30 h. a 21:00 h. e sábados de 11h. a 13:00 horas.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383