Exposición de óleos "O meu mundo", de Carlos Martínez
27.11.2018 - 07.01.2019
O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza a exposición "O meu mundo", óleos de Carlos Martínez. O acto de inauguración será na Sala de Exposicións do Auditorio Muncipal de Vilalba, o vindeiro xoves, día 29 de novembro, ás 20:30 horas. Poderá contemplarse ata o 7 de xaneiro de 2019.
Conforman a colección un total de 35 cadros, pintados a óleo, con temática variada, aínda que con preferencia ás paisaxes.
Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383