español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Teatro aficcionado: " Pensión 13"

18.10.2008 - 18.10.2008

A Compañía de Teatro aficcionado Nova Escena representará a peza "Pensión 13", dentro da X edición da Mostra de Teatro de Vilalba.

LUGAR: Auditorio Carmen Estévez de Vilalba.

HORA: 20:30 h.

SIPNOSE

Unha pensión barata é o crisol onde se fusionan as pecularidades dunha decena de persoas xunguidas pola súa soidade. Entre eles: un enorme baleiro que ás veces é enganado pola ilusión de compartir un prato de comida e un teito.

"Pensión 13" é unha comedia negra onde as biografías dos protagonistas van tecendo unha reflexión sobre as motivacións daquelas persoas invisibeis ás que adoitamos chamar marxinados.

O autor basea os diversos monólogos en situacións reais, abrindo un espazo a reflexión sobre un grande número de realidades sociais actuais.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383