español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Sábado 29 de novembro ás 20:30h. en el Auditorio Municipal Carmen Estévez representarase a obra "La curva de la felicidad"

29.11.2008 - 29.11.2008

A compañía Descalzos Producciones e Secuencia3 representará o espectáculo " La curva de la Felicidad" con la actuación de Pablo Carbonell, Antonio Vico, Josu Ormaetxe e Jesús Cisneros.

Lugar: Auditorio Carmen Estévez.

Hora: 20:30

ENTRADA: 7€. Estudantes e xubilados: 5€

Sinopse

É certo que os homes sofren unha crise aos 40?
Todos os que atravesaron a crise dos 40 saben que o home é o sexo débil da parella: inseguro, indeciso e fráxil. Aínda que soñe con irse de marcha, asústalle vivir só e volver só á casa despois dunhas noites tolas que nunca son tan tolas. No seu delirio, chega a imaxinar que a súa madurez é poderoso imán que atrae ás mulleres de 30 e incluso máis xoves.
Quino, o protagonista, de 42 anos, guionista de televisión, vítima do traballo inestable e en plena crise dos 40, é abandoado pola súa muller: “por gordo e por calvo”, asegura que lle dixo a súa muller ao marchar.
Ata a data, viviu no seu piso amplo do centro da cidade, pero a súa muller abandonou a vivenda familiar e espera que Quino a venda para recibir a metade do seu prezo.
A venda do piso provocalle unha enorme angustia de carácter estresante porque, entre outras cousas, significa a perda definitiva de Carmen… E el querería volver con ela por inseguridade, costume e dependencia psíquica.
Forzado e presionado pola súa muller a vender o piso, intenta, en continua contradición, por todos os medios que non llo compren: desaconséllao, asegura que as instalacións eléctricas e as tubarías son vellas… pero a súa personalidade fráxil, insegura, indecisa e sen vontade lévao a asinar documentos de compromiso de venda a cada un dos tres personaxes: Xavier, Manuel e Fer, tipos moi distintos de homes de 40 anos, que irán aparecendo en escea, dando lugar a unha serie de conflitos en cadea e voltas de xiro con final sorpresa que nos mostrarán, en clave de comedia, unha reflexión sobre como ven e como levan as relacións coas mulleres uns tipos de 40.
 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383