español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

"Entroido 2009"

24.02.2009 - 24.02.2009

"Entroido 2009"

Martes 24 de Febreiro

Desfile de Murgas e Comparsas polas rúas da vila.

Hora: 17:30

BASES DO CONCURSO DE ENTROIDO 2009
PRIMEIRA:
Establécense as seguintes categorías:
1. GRUPO ESCÉNICO OU CHARANGA. Está formada por un mínimo de 1 0 persoas, tanto adultos como nen@s.
2. INDIVIDUAL. Para persoas maiores de 15 anos.
3. PARELLAS (modalidade de adultos). Para persoas maiores de 15 anos.
4. INDIVIDUAL ou PARELLA INFANTIL E XUVENIL. De 0-10 anos e de 11-15 anos.

SEGUNDA:
Tod@s irán ataviados con vestimenta adecuada ó motivo do Entroido, cun mínimo de calidade, tanto na representación como na vestimenta, sendo un dos requisitos máis valorados levar música.
TERCEIRA:
Tod@s eles farán un desfile pola vila, a partir das 17:30 horas. Será o martes de Entroido, con saída da Rúa Castelao, ó lado da estación de autobuses. Todo aquel/a que non se presente puntualmente quedará excluído do concurso.

CUARTA:
O prazo de inscrición será ata o día 24 de febreiro, na oficina de Cultura do Concello, en horario de mañá de luns a venres, de 09:00 a 11:00 horas e de 13:00 a 14:00 h e na Oficina de Turismo de 11:00 h a 13:00; e polas tardes na Oficina de Turismo de luns a xoves de 17:30 a 19:30 h e os venres de 18:00 a 20:00 h.

QUINTA:
Hai varios modelos de inscrición:

Modalidade 1:
· Nome da charanga ou grupo escénico.
· Número de participantes.
· Nome e apelidos da persoa que fai a inscrición.
· Enderezo.
· Teléfono de contacto.

Modalidade 2

· Nome e apelidos.

· Disfraz.
· Enderezo.
· Teléfono de contacto.

Modalidade 3

· Nome e apelidos.

· Disfraz.
· Enderezo.
· Teléfono de contacto.

Modalidade 4

· Parella ou individual.
· Idade.
· Nome e apelidos.
· Disfraz.
· Enderezo.
· Teléfono de contacto.

SEXTA
Os premios serán outorgados segundo o criterio do Xurado, tendo en conta a orixinalidade e a representación que se faga con motivo do Entroido.

SÉPTIMA
A contía dos premios será a seguinte:
Modalidade de grupo escénico ou charanga:
· 1º premio: 850 euros
· 2º premio: 650 euros
· 3º premio: 450 euros
· Accésit de participación: 120 euros para todas aqueles grupos escénicos e charangas que non acaden premio.

Modalidade individual:
· 1º premio: 120 euros
· 2º premio: 90 euros
· 3º premio: 50 euros

Modalidade de adultos (parellas)
· 1º premio: 200 euros
· 2º premio: 150 euros
· 3º premio: 90 euros

Modalidade individual ou parella infantil e xuvenil:

DE 0-10 ANOS
· 1º premio: vale 35 €
· 2º premio: vale 25 €
· 3º premio: vale 15 €

DE 11-15 ANOS

· 1º premio: 50 euros
· 2º premio: 30 euros
· 3º premio: 20 euros

OITAVA
A composición do Xurado calificador estará composta por un/unha representante de cada un dos medios de comunicación, actuando como Presidente o Concelleiro de Cultura.
 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383