español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

"XXXV CERTAME LITERARIO DO EXCMO. CONCELLO DE VILALBA 2009"

18.07.2009 - 18.07.2009

BASES DO XXXV CERTAME LITERARIO DO EXCMO. CONCELLO DE VILALBA 2009.

LUGAR ONDE ENTREGAR OS TRABALLOS O CONCELLO DE VILALBA.

DATA LÍMITE DE ENTREGA O 18 DE XULLO ÁS 14:00 HORAS.

BASES DO XXXV CERTAME LITERARIO DO EXCMO. CONCELLO DE
VILALBA 2009

O Concello de Vilalba, co afán de estimular a creación poética convoca o XXXV Certame Literario.

PRIMEIRA.

Este concurso consta de dous premios:
Primeiro premio: 3000 euros, flor natural e diploma.
Segundo premio: 1000 euros, flor natural e diploma.

O xurado reservarse a facultade de conceder os accesits (carentes de dotación económica) que estime oportunos.
As obligacios fiscais que se deriven do premio serán responsabilidade única do autor ou autora

SEGUNDA.

Poderán concorrer ao certame todos os autores que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que presenten as súas obras en lingua galega.

TERCEIRA.

Os poemas serán orixinais e inéditos, escritos en galego, non premiados noutros concursos en datas anteriores ao fallo do xurado. O incumprimento dalgunha destas condicións nas obras premiadas significaría a anulación das adxudicacións, procedendo o xurado a formular de novo as propostas de adxudicación ou declarando deserto o premio.

CUARTA.

Tanto o tema como a extensión e o metro dos traballos serán libres.

QUINTA.

Deberán presentar 5 orixinais por cada obra en tamaño DIN A4 mecanografados a dobre espazo.

SEXTA.

Todos os traballos han de presentarse acompañados dun sobre pechado ou plica facendo constar o lema que distinga o traballo. No interior figurarán os datos persoais, enderezo e teléfono do autor ou
autora, así como unha biografía del, e unha declaración formal de que a obra é inédita.

SÉTIMA.

Todos os traballos que concorran ao Certame Literario serán dirixidos ao Concello de Vilalba, Praza da Constitución núm. 1 27800 Vilalba (Lugo), facendo constar no exterior do sobre “Para o Certame Literario”.

O prazo de admisión de orixinais remata o día 18/07/2009, considerándose incluídas neste prazo as obras que enviadas por correo ostenten o selo de orixe con esta ou unha data anterior.

OITAVA.

O ditame do xurado darase a coñecer o día 25/08/2009, a través dos distintos medios de comunicación. As personas premiadas deberán asistir personalmente, ou mediante representante caso de resultarlles imposibel a entrega de premios que efectuarase nun magno acto que terá lugar en Vilalba o día 30 de agosto, coincidindo co comezo das festas de San Ramón e Santa María 2009.

O xurado estára composto por persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario. A súa composición será dada a coñecer xunto coa emisión do resultado.

No caso de que as obras presentadas non acadasen o nivel esixible a xuízo do xurado para a obtención dos premios ou non tivesen a categoría suficiente, poderán declararse desertos.
 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383