español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

“Buscando a Hilary”

15.03.2010 - 15.03.2010

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, a Secretaría Xeral da Igualdade, en colaboración coa Fundación Caixa Galicia e concello de Vilalba, termos o próximo luns 15 de Marzo ás 18.30h á representación da obra teatral "Buscando a Hillary", que terá lugar no Auditorio Carmen Estévez, con entrada gratuita.

REPARTO:

 

Blanca Marsillach, Fran Sariego, Miguel Foronda

 

AUTORA: Elise Varela
FICHA ARTÍSTICA:
Texto orixinal: Elise Varela
Tradución e adaptación:Paloma López Vázquez
Dirección: Esteve Ferrer
Axudante dirección:Sara Moros
Escenografía: Ana Garay
Iluminación:Juanjo Llorens
Vestiario:Eduardo Acedo
Son:Víctor Rodríguez Ruiz
Fotografía:Pedro Gato
Deseño gráfico:José Javier González
Varela Producciones y La Compañía de Blanca Marsillach
“BUSCANDO A HILARY”
SINOPSE: Nesta retorcida e cínica comedia, Hilary, avogada de éxito aos seus corenta anos, está estancada nun punto decisivo da súa vida. Ela sospeita que existe unha forma mellor de vivir e que xusto non pode ser o que foi ata agora. Estes pensamentos inician o proceso de acordar ao coñecemento de quén é ela realmente. E mentres loita por atopar o camiño de volta a cordura, está confrontada co seu propio autodemo e ego, Wilpuck.
Wilpuck vive coa ilusión de que pode dicirlle a ela que é o correcto ou o equivocado. Todo nun esforzo por controlala, ensinándolle o que ela é ou non é, cómo debe actuar ou non actuar, engadíndolle medo e dúbida a cada unha das súas decisións. Wilpuck é un problema que soamente Hilary pode resolver.
Esta é unha historia sobre unha muller que afronta os conflitos e loita por mudar. O reto de liberarse da abrumadora posesión do seu propio ego. Tres actores, divertidamente caracterizados, dan un imaxinativo e contemporáneo xiro cara un excitante camiño de volta á cordura, a cal, todos sentimos nalgún momento ou outro, perdemos no camiño.
 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383