español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

“Master Class”

01.05.2010 - 01.05.2010

O vindeiro sábado 1 de maio do 2010 ás 20.30h teremos a representación de “Master Class” de Terrence McNally no Auditorio Carmen Estévez.

As entradas estarán a venta a partir do luns 26 na oficina de cultura de 10.00h a 15.00h e no auditorio de 18.00h a 21.00h, contando cun prezo en taquilla de: 5€ e 3€ para xubilados e estudantes, e a venta anticipada a 3€.

Con:
Lino Braxe
María Torres
Julia Cea
Enrique Martínez
Direción: Xosé M. Rabón 

 

Bosquexo artístico e de produción.-

 

O proxecto “MasterClass” é o resultado do encontro de duas dinámicas que converxen, por unha banda, na intencionalidade de encarar un proxecto de grande calado coa intención de  abranguer unha distribución de amplo recorrido que,  nunha primeira etapa vai dende a súa estrea en abril do 2010 ó remate do ano polos principais teatros de Galicia, e nunha segunda, cara o 2011,  por algúns dos máis importantes espacios do resto do estado; por outra,  no apaixoamento dunha actriz galega, Mabel Rivera, de recoñecido prestixio no panorama do estado con importantes premios no seu curriculum, por enfrontar unha persoaxe histórica, María Callas, chea de matices e rexistros interpretativos, tanto a nivel persoal como artístico, que ven sendo un mito de alcance universal, no so para os amantes da ópera, senón tamén para o público en xeral.

 

O espectáculo toma como pretexto, desde o punto de vista argumental as famosas “master class” que María Callas impartiu na afamada academia neiorquina “Juilliard”, o remate da súa vida artística;  e que o autor do texto, Terrence Mc.Nally,  transforma de maneira maxistral nun “tour de force” entre vida privada e artística, creando un conflito de imnumerables matices no que a sabiduría da persoaxe e a riqueza das súas vivenzas forman un xeito de catarse na que se ven envoltos todolos participantes na cerimonia da representación: público, actores, cantantes...

 

Polo tanto, Bengala Produccións, asume este proxecto como un desafio profesional no que a capacidade de acción estea dada por a utilización de todos os elementos artísticos e técnicos o séu alcance, tomando como o ponto de partida máis importante a elección do elenco artístico que partindo da súa protagonista, Mabel Rivera,  conforme un reparto de gran nivel, no que figuran actores da talla de Lino Braxe ou Estíbaliz Espinosa, e  para os papeis líricos acudindo a cantantes de traxetoria contrastada como Carmen Subrido ou Laura Alonso e Francisco Pardo, cunha carreira internacional recoñecida,  e coa caracteristica de seren escollidos no entorno do panorama lírico xeográfico procedente de Galicia para formar un equipo de traballo uniforme e ductil ó mesmo tempo.

 

A dirección de escena é de Xosé M. Rabón, e o deseño escenográfico de Xosé Méndez (Escenoset) profesional con recoñecido prestixio en todo o estado, e colaborador habitual de Bengala Produccións.

 

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383