español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Ópera “EUGENE ONEGUIN” de Tchaikowsky

09.05.2010 - 09.05.2010

O vindeiro domingo 9 de maio do 2010 ás 20.30h teremos a ópera “EUGENE ONEGUIN” de Tchaikovsk presentada por the Concerlirica Opera Company no Auditorio Carmen Estévez.

As entradas estarán a venta a partir do luns 3 na oficina de cultura de 10.00h a 15.00h e no auditorio de 18.00h a 21.00h, contando cun prezo en taquilla de: 9€ e a venda anticipada de 7€.

THE CONCERLIRICA OPERA COMPANY
Presenta
EUGENE ONEGUIN de Piotr Illich Tchaikovsky

 

Eugene Oneguin, barítono
BOJIDAR VASSILIEV

 

Vladimir Lenski su amigo, tenor 
SERGUEI UDOVIN

 

Tatiana, soprano 
 ANA USOVA

 

Olga, mezzosoprano
ANA MAKSUDOVA

 

Madame Larina, mezzosoprano  
OKSANA ANTONENKO
 
O señor Triquet, tenor 
SERGUEI UDOVIN

 

Filippyevna, mezzosoprano
NATALIA  MATIEVA

 

O Príncipe Gremin, baixo
YURI ALEXEICHUK

 

Zaretski, baixo
MAKSIN IVASCHUK
Director musical: Vasily Vasilenko
Directora de coro: Ludmila Estrelsova
Director de escea: Igor Ivanov
Decorados - Atrezzo: Teatro opera de Donetsk
Deseño de luces: Denis Grisenko
Mestra Interna: Nina Ilinia
Tradución simultanea: Antonio Garcia de Castro
Vestuario: Opera de Donetsk
Dirección xeral: Leonor Gago
Dirección artística: Concerlirica s.l.
Ópera dividida en tres actos de Piotr Illich Tchaikovsky (1840 - 1893). O libreto é do propio compositor e K.S. Shilovski, baseado nun poema de Alexander Pushkin do mesmo título. A obra ten unha duración de 2 horas e media. O estreo tivo lugar o 29 de marzo de 1879 no Teatro Mali de Moscú, pequeno teatro do colexio imperial, cuxa representación se levou a cabo por un grupo de estudantes. A estrea pública tivo lugar o 24 de abril de 1881 no Teatro Bolshoi de Moscú. As areas máis coñecidas da ópera inclúen a area da carta de Tatiana, a reflexión de Lenski antes do duelo (a famosa Kudad Kuda) e a area do Príncipe Gremin sobre Tatiana. A música tamén contén varios ballets moi coñecidos e a orquestra lócese na  marabillosa Polonesa. Eugene Onegin forma parte do repertorio operístico mundial, interpretándose en moitos deles cada temporada.
VASILY   VASILENKO   director musical
Pertence a unha familia de grandes talentos musicais. Naceu en Ucraína na lexendaria Vila de Medvin. A súa educación musical é moi completa, especializándose en ópera e música sinfónica no conservatorio da Cidade de Lviv, co destacado profesor Yuri Lutziv e co sucesor das tradicións clásicas da escola europea de xestión de Nikolay Kolessa. Sentindo a necesidade de dominar os segredos dos dramaturgos da ópera, Vasilenko comezou as súas actividades artísticas sendo aínda un estudante, como mestre interno no  Teatro de Lviv Academic Opera and Ballet.
Foi director intendente no Teatro da Opera de Minsk en Bielorrusia e director da ópera de Odessa, nos anos 1975 e 1998. Desde o ano 2001, é o primeiro director musical da ópera e Ballet de Donetsk, cos que realiza arredor de 160 representacións cada ano, compaxina, tamén, as súas  actuacións na Opera Nacional.
Cada ano é convidado pola Opera de Ottawa en Canadá para participar como director invitado (en abril de 2007 dirxíu a Misa Solemne de Vivaldi e o Réquiem de Mozart). En España traballa  en  exclusiva con Concerlírica, dirixindo arredor de  40 concertos cada ano, entre óperas e concertos sinfónicos.
O TEATRO DA ÓPERA E BALLET DE DONETSK é o segundo máis importante de Ucraína, despois do Teatro Nacional. Ten unha temporada estable na que realizan máis de 170 actuacións. Desde o ano 1997 visitan España da man da empresa artística Concerlírica SL.
O coro da Ópera de Donetsk, está considerado pola crítica especializada como o mellor coro de Ucraína. Dirixido por Ludmila Estrelsova, desde o ano 1975, artista emérita de Ucraína e distinguida en varias ocasións coas máis altas condecoracións outorgadas ao mundo da música e da cultura. Ademais da ópera cultivan no seu repertorio  obras sinfónicas, de Mozart, Orff, Beethoven, etc.
A COMPAÑÍA DE ÓPERA INTERNACIONAL DE CONCERLÍRICA creouse no ano 1995 por Leonor Gago, coa fin de facer chegar este xénero de teatro musical a aquelas localidades españolas que non tiñan a posibilidade de programar unha temporada de ópera estable. Concerlírica realiza arredor de 60 representacións ao ano.
 O éxito desta compañía débese á perfecta combinación do Teatro da Ópera de Donetsk cos solistas invitados, na súa maioría xoves españois, que Concerlírica selecciona a través dos axentes especializados Miguel Lerín, Alejandro Abrante, Federico Figueroa, ou por contratación directa. É unha garantía poder contar con estes cantantes que están realizando unha carreira profesional nos principais teatros de ópera do mundo, así como os que están ás  portas de dar o gran salto a eles como son os xoves artistas  españois.
De todos é sabido o prestixio e a calidade que España e os seus artistas brindan ao mundo da ópera, que para algúns críticos especializados nos sitúan á cabeza do ranking mundial, á mesma altura que Italia.

 

 

 

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383