español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

AS VIAXES DA CICLOBIBLIOTECA

13.08.2010 - 13.08.2010

O vindeiro 13 de Agosto, as 19:00h terá lugar na Área Recreativa de A Madalena a “A cociña itinerante dos contos: cociñando contos 2010”. É un proxecto de animación cultural que, baseado na “ximnasia da imaxinación”, xira ao redor dos libros e do medio ambiente: a través da instalación dunha Ciclobiblioteca cargada con libros en galego sobre medio ambiente.

Contará cunha duración dunha hora, presentando as  seguintes actividades:
- PASARÚAS LECTOR: unha Ciclobiblioteca percorrerá as rúas da vila anunciando o lugar de instalación e a actividade a desenvolver.
- INSTALACIÓN DA CICLOBIBLIOTECA: a Ciclobiblioteca quedará instalada durante unha hora nun dos espazos da vila (praza, parque, praia...) e poñerá libros, contos ou revistas, sobre medio ambiente, á disposición dos usuarios/as.
- “SETEVENTOS”, O COCIÑEIRO DE CONTOS: cociñará contos, e tamén lles ensinará aos asistentes como se cociñan os contos, para que entre conto e conto, aprendan a amar os bosques, os ríos, o mar e as montañas.
NOTA: Nun principio levarase a cabo na praia fluvial, pero se o tempo non acompaña teremos que desprazarnos ó auditorio municipal “Carmen Estevez”
 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383