español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Hipócrita teatro “Homes en escabeche”

18.09.2010 - 18.09.2010

O Sábado 18 de setembro ás 20.30h, no  Auditorio Carmen Estévez, representarase a obra “Homes en ecabeche” a cargo de Hipócrita teatro, con entrada gratuíta. 

Sipnose.
Alicia, que non está precisamente no país das marabillas, pasa a vida buscando un grande amor, o único, o definitivo, “ese home que poida conservar en escabeche para sempre”. Pero a súa busca está marcada pola desinformación sobre o sexo e as relacións. En ton de comedia fai o reconto dos seus amores e desamores, dende a súa infancia ata a madureza, e a través deste aborda temas como a incomunicación na familia e as diferenzas na educación que reciben homes e mulleres.
 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383