español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

"Maté a un tipo"

02.11.2010 - 07.11.2010

O Auditorio Carmen Estévez ofrece o 7 de novembro ás 20.30h a obra “Maté a un tipo” do autor arxentino Daniel Dalmaroni.
Humor negro do bon
Quen non sentiu verdadeiros desexos de matar o tipo que se demora horas diante de nós no caixeiro automático?. Encubrirías a túa parella ou a teu pai se che confesase que se converteu de repente nun atípico asasino en serie?. “Maté a un tipo”, é unha comedia negra que se converte en drama surrealista ata que un psicólogo empeza a afondar nas relacións desta familia de clase media onde o hábito de matar acaba por converterse nun auténtico vicio.
Sergio Pazos e Tonino encabezan o reparto deste montaxe que dirixe Juan Codina. Completa o reparto Aisha Wizuete e Anais Yebra.

Contando coa venda anticipada de entradas na Oficina de Cultura no horario de 09.00h a 15.00h, de luns a venres e polas tardes no Auditorio de 17.00h a 21.00h, o custo da entrada é único de 7€ .
A obra non está recomendada para menores de 10 anos.

Reparto:
Sergio Pazos Ernesto
Tonino Frikman
Aisha Wizuete Marta
Anaís Yebra Julieta
Equipo técnico:
Dirección Juan Codina
Escenografía Madhoc Studio
Deseño de iluminación Daniel Bosio
Espacio sonoro Fernando Díaz
Vestuario Sara Martínez –Viejo
SINOPSE
Quen non sentiu verdadeiros desexos de matar o tipo que se demora horas diante de nós no caixeiro automático?. Encubrirías a túa parella ou a teu pai se che confesase que se converteu de repente nun atípico asasino en serie?. “Maté a un tipo”, é unha comedia negra que se converte en drama surrealista ata que un psicólogo empeza a afondar nas relacións desta familia de clase media onde o hábito de matar acaba por converterse nun auténtico vicio.
A paz do fogar trúncase por un crime no que se ve envolto un dos seus compoñentes. Un pouco de familia convencional, unha migalla de auto desculpa, unhas culleradas de asasinato e un chisco de rancor son os ingredientes deste aperitivo de humor negro de catro personaxes onde aínda é posible rir e apiadarse dos asasinos en serie.
A través de catro personaxes acercámonos ao escenario onde interactúan os responsables dos crímes que suceden cada día nas grandes cidades. E resulta que estamos todos retratados entre os participantes. A impaciencia, o encubrimento familiar e a imperiosa necesidade de confesarse son o eixe  que sostén a impunidade coas que se manexan ás veces as situacións máis cotiás.
Un marido superado polas circunstancias, unha esposa comprensiva e unha filla moi colaboradora poderían ser os compoñentes dunha trama sentimental, pero as personaxes de “Maté a un tipo” non teñen a menor traza moralizante. Un crime fortuíto desencadea unha serie de acontecementos que derivan nunha loucura familiar para esmendrellarse de risa.
 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383