español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Vilalba celebra o 1º Concurso do Pincho

11.11.2010 - 21.11.2010

Durante once días o protagonista é “o pincho”, é sabido que “ir de pinchos” é unha tradición que cada día adquire mais popularidade, xa que combina dúas das actividades que resultan mais atractivas para a maioría, como son a agradable conversación cos amigos nun ambiente distendido e o pracer de desfrutar dun bo bocado.

Do 11 ao 21 de novembro celebrase o “1º Concurso de pinchos de Vilalba”, no que participan 28 locais do casco urbano.Cada pincho levará como ingrediente polo menos un producto da Terra Chá, podendo ser degustados nos establecementos pola noite, de luns a venres, e nos fins de semana tanto a mediodía como pola noite.

Haberá catro premios, dous escollidos polo xurado, un polo público e outro para o mellor maridaje cun Ribeira sacra.

Participa, Degusta o teu pincho e Gaña un dos múltiples agasallos que se sortean, para iso tan só tes que solicitar a guía nun dos 28 establecementos participantes e seguir ás súas indicacións.

O concurso está organizado por hosteleiros de Vilalba, o Concello de Vilalba, Función de Uno e Estrella Galicia.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383