español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

En clave de conto BOCABERTA

18.01.2011 - 28.01.2011

Dentro do programa da campaña da Secretaría Xeral de Política Lingüística BOCABERTA 2010-2011, no noso concello terá lugar a actividade “En clave de conto” , que consta de dous obradoiros:

“CONCERTO A NENA E O GRILO” e “OBRADOIRO EU FALO ASÍ”

O “CONCERTO A NENA E O GRILO”,terá lugar no auditorio Carmen Estévez o próximo sábado 22 ás 18.00h , destinado a educación infantil, primaria e público en xeral, con entrada de balde.

“OBRADOIRO EU FALO ASÍ”, terá lugar na Biblioteca Municipal o vindeiro venres 28 ás 18.00h da tarde. Destinado a familias con escolares de 3 a 5 anos, e para o cal é necesario inscribirse con anterioridade. O prazo de inscrición comezará o luns 24 e farase na oficina de cultura do concello.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383