español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Solo Voces

15.02.2011 - 19.02.2011

Desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e desde a súa Área de Cultura preséntasenos o proxecto Dous séculos de música lucense. Un proxecto que recupera o patrimonio musical lucense, de autores moi significativos, como Montes ou Veiga e de autores non tan coñecidos como Moreno Fuentes ou García Julve. O grupo “Sólo Voces” aceptou, con éxito, o reto de dar a coñecer a obra coral destes autores.
Con este motivo teremos o vindeiro sábado 19 de febreiro ás 20.30h no auditorio Carmen Estévez o concerto “Sólo Voces” no que se ofrecen pezas corais a capella, pezas con acompañamento de piano e pezas de carácter lírico coa colaboración dunha soprano e o pianista Aurelio Chao.
Con entrada de balde.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383