español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Exposición "Identitas"

30.04.2011 - 30.04.2011

Exposición de obras do grupo artístico 20º-65, organizado polo Instituto de Estudos Chairegos IESCHA, dende o día 2 ao 30 de abril,na sala de exposicións do auditorio Carmen Estévez en horario de 12.00h a 14.00h e de 17.00h a 23.00h todos os días , inclusive os fins de semana.

Esta primeira exposición do colectivo, IDENTITAS toma a identidade como liña temática, unha identidade que é dialóxica, un constante construírse no tempo e en diálogo cos outros, coas circunstancias externas e co propio interior. Identidade como recordo, como experiencia, como fisura, como destrucción e reiterada reconstrución. Identidade como afincamento xeográfico, como un camiño aberto a múltiples direccións, como imaxe no espello, un símbolo da conciencia, un eco da realidade.

Colectivo 20º65, obras de : Beatriz Suárez Saá, Silvia Capelo, Paz Vicente, Basilisa Fiestras, Paula Cabaleiro, Magatzem 909 MC, Lidia Costa, Carolina Caluori, e Carmen Cabaneiro.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383