español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Exposición Tunisia: unha ollada á cooperación

02.05.2011 - 18.05.2011

Exposición “Tunisia: Unha ollada cara a cooperación” organizada pola Asemblea de Cooperación pola Paz Galicia e levada a cabo co apoio da Deputación de Lugo, visualiza a realidade da sociedade tunisiana e o traballo de Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) neste país grazas a financiación recibida polo Concello de Lugo. A mostra está composta por vinte paneis que amosan o traballo realizado dende 1994 en Tunisia, co fin de achegar á sociedade a cultura de Tunisia e permitir un mellor entendemento doutras formas de vida, da súa realidade e da necesidade da cooperación para conseguir sociedades máis xustas.

A exhibición da exposición estará na casa da cultura dende o 2 ao 18 de maio en horario de mañas de 11.00h a 13.00h de luns a venres e sábado de 11.00ha 13.30h e de tardes de 17.00 a 20.00h, de luns a xoves, venres de 18.00h a 20.00h.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383