español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Noites de Retranca

17.12.2011 - 17.12.2011

“Noites de retranca” esta considerado como o mellor show de humor galego da actualidade, contando nesta 3ª edición con un man a man entre dous dos máis recoñecidos humoristas galegos do momento: Carlos Blanco e Rober Bodegas.

Un show polo que xa pasaron actores e actrices como Manquiña, Luis Zahera, Sergio Pazos,Camila Bossa, Javier Veiga ou Quico Cadaval entre outros. Son 2 horas de humor, do noso humor mais característico: A retranca, nun espectáculo en constante evolución, no que os protagonistas do show teñen liberdade interpretativa total e cada función e única e irrepetible.

Carlos Blanco e Rober Bodegas nun encontro épico de dúas formas de entender o humor, de contar as historias cun mesmo fin asegurado: A risa do espectador.

Show de humor galego que terá lugaro sábado 17 de decembro ás 20.30h con entrada única de 10€.

Non recomendada para menores de 12 anos.

As entradas estarán a venda desde o 1 de decembro ata o día da actuación, na oficina de cultura do concello de 09.00h a 15.00h e na Casa da Cultura de mañas de 11.00h a 13.00h e de tarde de 17.00h a 20.00h.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383