español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Imaxes do Nadal

26.12.2011 - 07.01.2012

Na Casa da Cultura de Vilalba do 23 de decembro de 2011 ao 7 de xaneiro de 2012 exposición de Imaxes do Nadal, cedida por o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá e o centro Cultural José Domínguez Guizán.

10 fotógrafos lucenses respondieron á chamada de Fonmiñá e do Concello de Begonte, aportando fotografías sobre o Nadal no sentido máis amplo para difundir (anos anteriores en Begonte , Lugo, Guitiríz e Outeiro de Rei) agora en Cospeito e Vilalba as mensaxes subliminais que a mesma vida nos ofrece sobre este especial tempo que estamos a vivir.

Son valiososas aportacións que nos falan- unha imaxe segue valendo máis ca mil palabras- do Nadal en todas as linguas posibles, de todos os temas posibles, abríndonos portas francas a ese mundo que sabemos de xeito diverso segundo as diferentes etapas vitais, os contornos familiares ou os propios estados de ánimo.

Esta é unha mostra fotográfica para ver , precisamente, no tempo de Nadal, para mergullarse nos ambientes nadaleiros que os artistas ofrecen, e sentir unha vez máis que o mundo é moito máis amplo e máis vivo desde que a fotografía se encarga de ser cronista dos feitos das xentes e de gardar memoria do tempo que se vai.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383