español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Dani Mateo

12.02.2012 - 12.02.2012

O domingo12 de febreiro no Auditorio Carmen Estévez, temos a Dani Mateo con “PK2.0...Que Dios nos pille confesados”....Un a un, Dani Mateo debulla os 7 pecados capitais nun show de 90 minutos de humor.
A gula, a soberbia, avaricia.... danse cita no novo show de Dani Mateo, colaborador de “El Intermedio” é considerado como un dos mellores monologuistas do panorama nacional.
Avalado polas críticas e o enorme éxito do público,"PK2.0" chega a Vilalba disposto a deleitar aos seus innumerables seguidores.
Unha oportunidade única de gozar de Dani Mateo en directo.

Actuación non recomendada para menores de 12 anos, e con entrada única de 10€.
As entradas estarán á venda desde o 30 de xaneiro ata o día da actuación, na oficina de cultura do concello de 09.00h a 15.00h, na Casa da Cultura de 11.00h a 13.00h e de 17.00h a 20.00h, e o día da actuación na taquilla.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383