español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Ópera «La Boheme»

12.03.2012 - 12.03.2012

A compañía de Opera Internacional Concerlírica tráenos «La Boheme» de Giacamo Puccini, ópera en 4 actos composta por 120 Artistas, Orquestra, Coro, Solistas e Subtítulos en castelán.
Ópera que terá lugar o luns 12 de marzo ás 20.30h no Auditorio Carmen Estévez .

La Bohème, ópera coa que Giacomo Puccini se consagrou definitivamente como un gran compositor lírico. Reflicte as súas propias vivencias durante os anos de estudante no conservatorio de Milán, onde compartíu cuarto con Mascagni.

O libreto baséase na novela por entregas, Esceas da vida bohemia de Henre Murger, publicada no xornal El Corsario ao longo de 5 anos (1845 – 1849). Os encargados de simplificar e aunar os diferentes episodios da novela para así confeccionar o libreto foron Luigi Illica e Giuseppe Giacosa.

O estreno tivo lugar no Teatro Regio de Turín o 1/2/1896. Mimí foi cantada pola soprano Cesira Ferrani, e o tenor Evan Gorga deu vida a Rodolfo. A orquestra tocou baixo a dirección de Arturo Toscanini.

As entradas desta representación estarán á venda desde o 27 de febreiro ata o día da actuación, na oficina de cultura do concello de 09.00h a 15.00h, na Casa da Cultura de 11.00h a 13.00h e de 17.00h a 20.00h, e o día da actuación na taquilla.

O prezo 12€, para xubilados 10€ e estudiantes e nenos 5€.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383