español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Xacarandaina

10.03.2012 - 10.03.2012

O sábado 10 de marzo o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina presenta o seu novo espectáculo «Galicien Amerika linie», que estrea dentro do programa “Danza 3” en convenio ca Agadic. Esta gala conta con corenta artistas en escena. Este novo espectáculo Xacarandaina pretende achegar ao público ese fenómeno importantísimo da nosa historia contemporánea máis recente: a emigración.

Espectáculo no que se mesturará a propia actuación do Grupo cos seus bailes, danzas, músicas, vestiarios e posta en escena con deseño de luz, deseño espazo sonoro e audiovisual, mesturando así o arte tradicional cas novas tecnoloxías, facendo de «Galicien Amerika linie» algo novidoso e único dentro do abano dos espectáculos feitos Galicia.

Actuación que terá lugar o sábado 10 de marzo, ás 20.30h no Auditorio Carmen Estévez con entrada de balde.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383