español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

23 de abril, Dia Do Libro

23.04.2012 - 23.04.2012

O 23 de abril, «Día do Libro», a Biblioteca municipal de Vilalba celebrará unha xornada de portas abertas de 10h a 13h e de 16.30h a 20.30h, na que todo aquel que o desexe poderá facerse socio de balde, tan só terá que levar o DNI e unha foto tipo carné.

A Biblioteca ten como función fomentar o hábito da lectura e o uso dos recursos de información.

Dispón de varias salas de lectura, para adultos e nenos onde teñen a oportunidade de ler exercitando o papel de usuarios da biblioteca.

Poden levar libros, documentos sonoros e audiovisuais en préstamo para a casa por un prazo de 14 días, ademais de ter a súa disposición dúas salas de informática, que en caso de ser menor de 12 anos poderán facer uso delas acompañados do pai, nai ou familiar.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383