español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

XIV Edición da Mostra de Teatro de Vilalba

26.10.2012 - 09.11.2012

Da comezo a “XIV Edición da Mostra de Teatro de Vilalba” celebrándose todos os venres dende o 26 de outubro ata o 9 de novembro inclusive.

Todas as obras celebraranse no seu marco habitual, no Auditorio Municipal “Carmen Estévez” de Vilalba ás 20.30h, as obras son gratuítas e son aptas para tódolos públicos, a excepción de «A proba» que é para adultos.

· Venres 26 de outubro a Escola Municipal de Teatro de Bretoña, representa «A proba» de Manuel Lourenzo. Só Para adultos.
· Venres 2 de novembro a Escola de Teatro Municipal de Castro de Rei, representa »Falamos de cartos», escrita e dirixida por Iria Acevedo.
· Venres 9 de novembro a Escola de Teatro Municipal de Vilalba, representa “O enfermo Imaxinario” de Molière.



Para consultar as obras que se van a representar, pode facelo na nosa web www. vilalba.org

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383