español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Actuación dos Axóuxeres Dixitais

06.12.2012 - 06.12.2012

A Consellería de Educación e Normalización Lingüística anima os pais e nais a levar os seus nenos de entre 3 e 6 anos aos Encontros Dixitais dos Axóuxeres.
Os Axóuxeres son un acontecemento para a xente miúda da casa, lecer para toda a familia.Un espectáculo de música, de xogos e de palabras, sesións de cine pensadas para estas idades nas que os pequenos vivirán unha nova aventura con Pelouro, Roi, Moncho, Iria e todos os outros personaxes Dos axóuxeres 2012.

A actuación dos Axóuxeres Dixitais terá lugar no Centro Cultural Recreativo de Vilalba o xoves 6 de decembro ás 18.30h. A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.
Para máis información dos Encontros e do resto de actividades que farán os Axóuxeres, podedes consultar o seguinte enlace:
http://www.xunta.es/linguagalega/os_axouxeres_2012

Vide cantar, xogar e rir cos Axóuxeres!.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383