español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Dr. QUEEN

09.02.2013 - 09.02.2013

Se nunca antes viches a Queen en directo, esta pode ser a túa oportunidade, grazas aos arxentinos Dr. Queen, que actuarán o sábado 9 de febreiro non Auditorio Carmen Estévez. Denominados como a mellor banda tributo do mundo, transportarante á época dourada da inimitable e grandiosa banda inglesa. Un espectáculo difícil de esquecer.

A noite do sábado 9 de febreiro ás 22.00 h, no Auditorio Carmen Estévez, teremos unha cita especial, moi especial para todos os amantes da música de todos os tempos e estilos, unha noite na que poderemos rememorar e gozar dunha das bandas máis grandes da historia do rock, o británicos Queen e quen mellor para facelo, para transportarnos a aquela época? quen podería ser, non existen outros que os denominados pola crítica musical, «como a mellor banda tributo-homenaxe que existe no mundo», os arxentinos Dr. Queen, que chegan a Vilalba dentro do que está a ser a súa extensa xira mundial.

Unha ocasión única que ninguén se debería perder, os seus concertos son riscados de máxicos, sorprendentes e espectaculares. Aplaudidos polo público mundial, Dr. Queen son unha viaxe no tempo á época dourada do rock, cando o rock se escribía con letras maiúsculas.

O concerto comezará ás 22.00h no Auditorio Carmen Estévez, o sábado 9 de febreiro, as entradas xa están a venda e pódense adquirir en venda anticipada a un prezo de 12€ e en taquilla a un prezo de 16€.

Puntos de venda: na Oficina de Cultura de 10h a 15h , na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h, www. servinova.com , e no auditorio o mesmo día da actuación

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383