español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

El Barbero de Sevilla

27.02.2013 - 27.02.2013

A compañía da Ópera Internacional de Concerlírica -unha das produtoras de ópera máis importantes de Europa- e a Ópera Nacional de Odessa traen ao Auditorio Carmen Estévez a máis recoñecida e admirada das óperas bufas de todos os tempos. A obra de Rossini, chea de adornos e florituras, presenta unha gran dificultade para os cantantes e require unha interpretación e vocalización rápida e precisa. O libreto, de Cesare Sterbini Romano, basease na obra teatral Le Barbier de Séville do francés Pierre Augustin Caron de Beaumarchais.

A ópera narra os esforzos do conde Almaviva por conquistar a Rosina, que está protexida e vixiada polo seu titor (o Doutor Bartolo). Afortunadamente o conde conta coa axuda de Figaro (o Barbeiro). A compañía do teatro da Ópera Odessa, un dos máis antigos de Ucrania, preséntanos un Barbeiro de Sevilla baixo a dirección musical de Igor Chemestkiy e a dirección de Concerlírica.

A ópera terá lugar o mércores 27 de febreiro ás 20.30h no Auditorio Carmen Estévez, as entradas xa están a venda, pódense adquirir en venda anticipada a un prezo de 12€ e en taquilla a un prezo de 15€.

Puntos de venda: na Oficina de Cultura de 10h a 15h , na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h , e no auditorio o mesmo día da actuación.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383