español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Odaiko «Galician on board»

17.03.2013 - 17.03.2013

O grupo galego Odaiko Percussion Group, chega o auditorio Carmen Estévez de Vilalba co espectáculo «Galician on board» o vindeiro domingo 17 de marzo ás 19.00h.

Galician on Board fai unha viaxe no tempo trasladándonos ao s. XIX e representa o profundo cambio que se produciu en Galicia ata os nosos días. Conceptos como labrego, folclore, emigración, industrialización, etc, están presentes ao longo do show nunha viaxe músico-percusiva tratada dun xeito vangardista.

Odaiko ofrécenos un crisol de ideas musicais onde os ritmos de culturas alleas como o latin, o flamenco, o brasileiro ou o africano se mesturan coas innovacións técnicas percusivas e o folklore galego para representar un pasado que da resposta ao noso presente.

Conta coas colaboracións dos prestixiosos artistas galegos Guadi Galego e o gaiteiro X.M. Budiño.

As entradas xa están a venda a un prezo único de 5€, podénse adquirir na Oficina de Cultura de 9h a 15h , na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h, e no auditorio o mesmo día da actuación.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383