español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

As Fabas Máxicas

01.06.2014 - 01.06.2014

«As Fabas máxicas» é un espectáculo que pertence ó programa FalaRedes 2014 da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e en virtude da adhesión do Concello de Vilalba a Rede de Dinamización Lingüística de Galicia.
As fabas máxicas está dirixida ao público familiar, principalmente á xente miúda, a nenos e nenas a partir de 4 anos, é un espectáculo contado en primeira persoa a través da dramaturxia do autor e de monicreques, Caramuxo Teatro achéganos unha nova versión do coñecido conto infantil Xan e as fabas máxicas.

Tras criarse na aldea con súa avoa, Xan vive agora de adulto nun apartamento de Nova York. Un día, coidando as plantas da súa terraza, descobre algo que lle fai lembrar unha infancia chea de aventuras.

Terá lugar no auditorio Carmen Estévez o domingo 1 de xuño ás 18.00h, con entrada de balde.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383