español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Teatro «Mal de Moitos»

20.06.2014 - 20.06.2014

O vindeiro venres 20 de xuño ás 21.00h os grupos xuvenis da escola de teatro municipal de Vilalba representan “Mal de moitos…”, con entrada de balde.

«Mal de moitos…” é un espectáculo composto por breves historias que teñen un nexo común: a adolescencia. Os protagonistas son mozas e mozos que falan sobre as inquietudes propias do seu tempo, como a amizade, o amor, os medios de comunicación, o medio ambiente, a apariencia física ou as dificultades de encaixar no entorno.

Estas pezas breves están escritas por varios autores como Colectivo El Glayu, Carlos Castrillón Doce e Cristina Mariño, algunhas delas a partires de traballos realizados polos propios alumnos e alumnas nas clases de teatro.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383