español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Entroido de Verán de Vilalba

17.07.2014 - 16.08.2014

O 16 de Agosto celebrarase o Entroido de Verán de Vilalba, na parte peatonal da Rúa Basanta Silva.
Os organizadores deste evento son os locais de hostelaría: Tamanaco, La Casa del Lobo, La Bujía e 31 do DEZ, coa colaboración do Concello de Vilalba.
O Entroido contará cun concurso de disfraces. As bases pódense consultar nos locais organizadores, nas redes sociais do Entroido de Verán de Vilalba, ou na web do Concello de Vilalba( www.vilalba.org).
Para participar no concurso poderanse apuntar, ata o 16 de Agosto as 16:00 horas, nos locais organizadores ou no email: entroidodeverandevilalba@gmail.com
No concurso establécense 3 categorías: Infantil, Adulto e Grupos ( 5 persoas ou máis ). E os premios para cada categoría son os seguintes:
Infantil:
1º Premio: 50 €
2º Premio: 25 €
3º Premio: 15 €
Adulto:
1º Premio: 100 €
2º Premio: 50 €
3º Premio: 25 €
Grupos:
1º Premio: 250 €
2º Premio: 125 €
3º Premio: 75 €
O Entroido de Verán comezará as 17:00 con animación musical na Rúa Basanta Silva, e estarán amenizado pola Charanga BCB.
O desfile de disfraces será as 20:00. E ao remate entragaranse os premios.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383