español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Os sons do vento que pasa

27.08.2014 - 27.08.2014

Concerto de fados en galego para público de todas as idades, que chegará a Vilalba o vindeiro mércores 27 de agosto ás 18.00h na Praza da Constitución.

As cantigas, acompañadas de guitarra eléctrica e de pedal de loops, así como de sedutores xogos de iluminación, gardan o seu encanto orixinal, pero gañan unha dimensión contemporánea e singular que seduce tanto os mozos coma os non tan mozos. Deste xeito, o espectador mergulla nun universo rítmico e melódico que viaxa do divertimento á nostalxia, do rock á canción de amor, do pop á música tradicional, sen nunca deixar de ser fado.

Esta actividade pertence ao programa de dinamización lingüística FalaRedes, organiza¬do pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.


O público en xeral poderá gozar da música en galego a través dun coidado con¬certo no que Gonçalo Guerreiro porá a voz e que Dani Pais enriquecerá coa súa participación dixital e musical.

En caso de choiva celebrarase no auditorio Carmen Estévez.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383