español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

III Ciclo de Novos Intérpretes

20.10.2014 - 15.11.2014

Co obxecto de impulsar a carreira artística dos novos instrumentistas, a Asociación Cultural Banda de Música de Vilalba (Lugo) en colaboración coa Deputación de Lugo, a Concellería de Cultura do Concello de Vilalba e o Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, organiza o III Ciclo de Novos Intérpretes.

Este ciclo está dirixido a Solistas ou Grupos de Cámara. As salas de concerto non dispoñen de piano, co que as propostas enviadas non poden contar con este instrumento.

Desenvolverase durante os meses de Novembro e Decembro de 2014.

Os interesados deberán enviar as súas solicitudes antes do 15 de Novembro de 2014 á Asociación Cultural Banda de Música de Vilalba, Apartado de Correos Nº37, 27800 Vilalba (Lugo); ou o correo electrónico: bandavilalba@hotmail.com

A documentación será devolta aos interesados que así o soliciten unha vez finalice o proceso de selección.

Para máis información pode consultar o tríptico na nosa web www.vilalba.org

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383