español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

PANORAMA KIDS ¨UN MUSICAL PARA TODA A FAMILIA¨

11.11.2014 - 13.12.2014

PANORAMA KIDS é un musical para toda a familia no que interveñen os 20 compoñentes da Orquestra Panorama, que interpretarán temas de carácter infantil, tanto actuais coma clásicos.

O argumento do espectáculo é de corte contemporáneo e está baseado en situacións cotiás vividas pola popular orquestra, que mostrará a parte humana dos artistas. Para isto a Orquestra Panorama contará neste espectáculo coa colaboración dunha grande actriz galega recoñecida a nivel nacional, como é María Mera, protagonista de series como Matalobos (TVG), El Faro (Forta) ou Vive Cantando (Antena 3). Toda a música de Panorama Kids estará interpretada en directo polos músicos da orquestra, que interactuarán co público ao longo do espectáculo.

Panorama Kids é un espectáculo á altura do que se espera dunha orquestra como Panorama, caracterizada pola calidade e espectacularidade de todos os seus espectáculos, galas e actuacións. Os diferentes números e acrobacias aéreas e a delicadeza e vistosidade das diferentes coreografías fan de Panorama Kids un espectáculo diferente e novidoso.

DATA:
Sábado 13 de decembro

LUGAR:
Auditorio Municipal Carmen Estévez

HORARIOS:
1ª función: 17:00 h
2ª función: 19:30 h

PREZO:
10 € (+gastos)

VENDA DE ENTRADAS (exclusivamente en Servinova):
- Teléfono: 902 504 500
- Web: http://bit.ly/1oFpAK1

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383