español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Dreams, un mundo mágico

04.01.2015 - 04.01.2015

O musical «DREAMS. UN SUEÑO MÁGICO» é unha mostra do mellor cine musical do noso país. Consiste en recordar os mellores temas musicais de Disney con proxeccións dos momentos máis recordados das películas. Este espectáculo conta coas voces de dous grandes cantantes de repertorio lírico que son Sarah Ramos e Cristian Martínez os cales unen a súa xuventude unha dilatada e exitosa carreira musical.

Este espectáculo, dirixido a toda a familia, terá lugar no auditorio Carmen Estévez o domingo 4 de xaneiro, ás 18.00 horas cun prezo de 14€.

Entradas xa a venda na Casa da Cultura no seu horario habitual.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383