español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Ópera “Nabucco” de Giuseppe Verdi.

02.03.2015 - 02.03.2015

O auditorio Carmen Estévez de Vilalba, acollerá o luns 2 de marzo ás 20.30h, a traxedia lírica de Giuseppe Verdi ‘Nabucco’.

Baseada no Antigo Testamento e na obra “Nabuchodonosor” de Francis Cornue e Anicète Bourgeois, esta ópera foi estreada o 9/03/1842 na Scala de Milán.

Dividida en catro actos, ten lugar entre Xerusalén e Babilonia no 586 a.c.

O seu argumento xira en torno á derrota e posterior exilio dos hebreos de Xerusalén a mans do rei babilonio Nabuccodonosor, quen arrasou o Templo de Salomón.

Prezo da entrada: anticipada 12€ e en taquilla 15€.

As entradas xa están a venda na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h , e no auditorio o mesmo día da actuación.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383